Sinopsis
Martin Eden é un mozo humilde de pobo que gaña a vida traballando como mariñeiro. Un día, Martin defende dunha agresión a Arturo, un mozo de clase alta. Como agradecemento, este invítao á súa casa e pouco a pouco vaino introducindo no seu estilo de vida. O mozo coñece así as vantaxes da educación e ve isto como unha oportunidade para progresar e converterse no escritor que decidiu que quere ser, mentres aproveita ao máximo o tempo entre luxos. Martin recibirá un impulso inesperado cando coñeza a Elena, a irmá de Arturo, da que se namora ao instante.
PREMIOS
2020: Premios do Cine Europeo: Nomeada a Mellor film, dirección, actor e guión.
2020: Asociación de Críticos de Los Angeles: Nomeada a Mellor película estranxeira.
2020: Premios Gotham: Nomeada a Mellor película internacional.
2019: Festival de Venecia: Mellor actor (Luca Marinelli).
2019: Festival de Sevilla: Giraldillo de Oro (mellor película).
2019: Premios David di Donatello: Mellor guión adaptado. 11 nomeamentos.