Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo - 2021

Main navigation

  • Ciclos
  • Publicacións
    • Catálogo
    • Xornal
  • Novas
  • Nos Medios
    • Prensa
    • Dossier de Prensa (91 Mb)
  • Multimedia
    • Fotos
    • Vídeos
  • Fonmiñá
  • Contacto

OFRA & KHALIL

  1. Inicio
  2. OFRA & KHALIL

As curtas Cine son

As curtas cine son
As curtas Cine son
/ Vicerreitorado Universidade /
martes, 21 Setembro, 2021 - 18:00
Ficha Técnica

España, 2019 - 25 minutos.
Director: José Alberto Andres Lacasta.
Reparto: Laura Contreras, Francesc Tamarite, Cristina de Inza, Carlota Calleu, Maite Sequeira, Ana Portolés.

Sinopsis

Khalil (palestino) traballa de albanel na construción de colonias en zona militar israelí para o que obtén un salvoconduto diario que lle permite cruzar a fronteira (checkpoint) nos horarios que determina o exército. Na parte israelí onde traballa ten unha noiva xudía, Ofra; ela é estudante na  Universidade e vive co seu pai viúvo (Raziel) que é un importante rabino xudeu ortodoxo, e coa súa irmá Adifa que é capitana do exército israelí  destinada ao mando do checkpoint polo que cruza regularmente Khalil. A irmá xemelga de Khalil, embarazada, ponse de parto e este vese na  necesidade de tentar cruzar o paso fronteirizo para poder levala ao hospital, pero os militares, con Adifa ao mando, vanllo impedir e a irmá morre.

Esta traxedia desencadea unha serie de feitos que levarán a todos os personaxes ao extremo de tomar unha decisión cuxas consecuencias pasarán non só pola separación definitiva, senón tamén pola obrigación de posicionarse no extremo máis radical que a súa contorna lles esixe. Ante isto a forza do amor e a vida tratarán de abrirse camiño aínda que o destino fatal vai aparecer como un lugar case irremediable.

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌