Sinopsis
O máis grande soño de Trenk é converterse nun cabaleiro. Un desexo complicado, xa que pertence a unha familia campesiña que non ten moitos
cartos. Armado de valentía e determinación, Trenk e o seu porquiño Piggeldy viaxan ao castelo de Hohenlob, onde coñecen a Sir Hans e a súa filla
Thekla. Con axuda dos seus novos amigos, o pequeno Trenk aprenderá a ser un cabaleiro.