Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo - 2021

Main navigation

  • Ciclos
  • Publicacións
    • Catálogo
    • Xornal
  • Novas
  • Nos Medios
    • Prensa
    • Dossier de Prensa (91 Mb)
  • Multimedia
    • Fotos
    • Vídeos
  • Fonmiñá
  • Contacto

EL ARTE DE VOLVER

  1. Inicio
  2. EL ARTE DE VOLVER

Sección Oficial

Sección Oficial

Deixade que O Cine ... (Especial A.P. Concepción Arenal)

Sección Oficial, Deixade que O Cine ... (Especial A.P. Concepción Arenal)
/ Auditorio Gustavo Freire /
mércores, 22 Setembro, 2021 - 22:00
Ficha Técnica

España, 2020 - 90 minutos.
Director: Pedo Collantes.
Produtora: Tourmalet.
Distribuidora: Filmax.
Reparto: Macarena García, Ingrid García-Jonsson, Nacho Sánchez, Mireia Oriol, Luka Peros, Lucio Suárez.

Sinopsis

Noemí é unha nova actriz que volve á casa despois de seis anos en Nova York para presentarse a un casting que podería cambiar a súa carreira. Durante as primeiras vinte e catro horas de regreso en Madrid, Noemí ten unha serie de encontros e despedidas que lle ensinarán a apreciar as estacións da vida.

O seu avó, prostrado na cama dunha residencia, anímaa a perseverar no seu empeño de triunfar no mundo da actuación mentres repasa os mellores
anos da súa vida. Na casa, a súa irmá pequena recíbea con frialdade. O tempo e a distancia fixeron efecto. A complicidade que algunha vez tiveron converteuse nunha mestura de sentimentos que ningunha das dúas sabe manexar. Con Carlos, un antigo compañeiro, as cousas son diferentes.

Rin xuntos mentres pasean por un piñeiral. Os dous botábanse de menos. Tamén está Ana, unha amiga artista cuxa exposición, Noemí visita entre o asombro e o espanto. E finalmente Radu, un condutor de orixe romanesa co que Noemí ten máis en común do que podería parecer. Estes encontros, aínda que breves, levan a Noemí a reformular o seu pasado, o seu futuro e o seu lugar no mundo.

PREMIOS

2021-Festival Cine Español de Nantes-Francia

2021-Hong Kong International Film Festival-China

2021-Premios CEC-España

2021-Venice Film Festival-Italia

Premiere no Festival de Venecia 2020.

2020: Premios Feroz: Nomeada a mellor cartel.

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌