Sinopsis
Unha moza introdúcese no mundo da fotografía analóxica a través dunha app móbil que simula a estética destas. A partir deste fenómeno, a nosa protagonista conta que ela e o seu grupo de amigos comezaron a acumular un gran número de cámaras analóxicas.
Doutra banda conta coa visión de Rafa Crespo e Hanbury, dous novos fotógrafos noveis que contrastarán cunha visión máis fresca e actual.
Nuria tamén se cuestionará se a fotografía analóxica dá mellores resultados que a dixital. Para iso, dirixirase ao laboratorio de SolLab, fundado por mozos emprendedores, onde lle achegarán datos técnicos que diferencian ambas as fotografías. Esta pregunta tamén será respondida por Carmen Hinojosa e Alejandra, dúas fotógrafas que farán ademais unha sesión a unha modelo.
Grazas a todas as respostas dos profesionais, Nuria é capaz de lanzar unha mensaxe respondendo a todo o que sempre se preguntou sobre o mundo da fotografía analóxica.