Sinopsis
Anos 50. Villar del Río é un pequeno e tranquilo pobo no que nunca pasa nada. Con todo, o mesmo día en que chegan a cantante folclórica Carmen
Vargas e o seu representante, o alcalde (Pepe Isbert) recibe a noticia da inminente visita dun comité do Plan Marshall (proxecto económico americano para a reconstrución de Europa). A novidade provoca un gran balbordo entre a xente, que se dispón a ofrecer aos americanos un recibimento moi especial.
PREMIOS
1953: Festival de Cannes: Premio Internacional (Comedia). Mención Especial (Guión).