Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo - 2021

Main navigation

  • Ciclos
  • Publicacións
    • Catálogo
    • Xornal
  • Novas
  • Nos Medios
    • Prensa
    • Dossier de Prensa (91 Mb)
  • Multimedia
    • Fotos
    • Vídeos
  • Fonmiñá
  • Contacto

CINE TOMÉ

  1. Inicio
  2. CINE TOMÉ

Homenaxes

Homenaxes
Homenaxes
Especial Guitiriz
/ Deputación Provincial /
xoves, 23 Setembro, 2021 - 20:00
Ficha Técnica

Galicia, 2020 - 49 minutos.
Director: Camelia Iglesias, Xose Antonio Arias.
Reparto: Xente de Guitiriz, Parga e Baamonde.

Sinopsis

A familia Tomé construía o cine nos anos 30, aínda que este non comezaría a funcionar ata os 40, e mantívose operativo, pasando por varios donos, ata os 70. Ao longo dese tempo, foron moitos os momentos que quedaron no recordo da xente: un pequeno incendio na sala de proxección que levou a algúns a querer saltar do galiñeiro; o público pateando no chan cando había erros na proxección -as películas, que contan que chegaban no bus, na liña de Ribadeo, tiñan moito uso e viñan deterioradas-; as "pelexas por entrar" para ver os filmes de vaqueiros, que "gustaban moito"... ata que a chegada das pequenas pantallas, entre outros factores, fixo que o público fose a menos e que Guitiriz quedase sen cine.

Estas e outras moitas lembranzas foron as que compartiron con Arias e Iglesias persoas como Carlos Tomé, familiar dos antigos donos do cine; Pepe do Capataz, que foi o operador da sala, ou Víctor Corral, que acudía dende Baamonde.

Espectadores da gran pantalla que se converterán en protagonistas dela, aínda que algúns xa non estean para velo, pois as entrevistas foron feitas entre 2013 e 2014, pero as circunstancias persoais e laborais dos promotores do proxecto levaron a deixalo durante un tempo, ata que finalmente o ano pasado decidiron retomalo.

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌