Sinopsis
Entre 1992 e 2013 o artista arxentino Martín Weber fotografou Latinoamérica con intensidade e intimidade, pedíndolle á xente que escribise os seus soños con xiz sobre unha lousa de madeira. Décadas despois preguntouse se algún deses desexos se cumpriran. Este filme é unha nova viaxe na procura daquelas persoas para testemuñar as súas vidas.
Durante oito anos Martín filmou en Arxentina, Perú, Nicaragua, Cuba, Brasil, Colombia, Guatemala e México. No seu camiño foi testemuña da violencia económica, política, social e militar que atravesa o continente. Martín cruza os límites convencionais da mirada e métese en situacións que claramente mostran as consecuencias das migracións e a degradación do tecido social.
As experiencias compartidas deixan ao descuberto as fracturas e baleiros nos soños retratados. Os seus resilientes personaxes loitan entre a esperanza e a desesperación, entre emigrar e permanecer. Esta viaxe convida o espectador a identificarse con historias colectivas e privadas.
PREMIOS
2020 - Seatle Latino Film Festival-EE.UU.
2020 - Festival Iternacional de Cinema de Brasilia -Brasil
2020 - Recontes du Cinema Latino - Americain -Francia