Sinopsis
Os protagonistas do documental son Alba e Raúl, dous novos cineastas galegos que viven en Santiago de Compostela. Alba leva anos pasando diariamente fronte a Catedral de Santiago e vendo con curiosidade os rostros de emoción dos peregrinos que acceden por primeira vez ao Obradoiro: as bágoas, os abrazos...
Alba nunca fixo o Camiño e está chea de preguntas: Por que esa necesidade de camiñar? Que teñen en común os camiñantes das rutas máis importantes do mundo? Ten algo de especial o Camiño de Santiago ou é só un camiño máis? Na procura de respostas, Alba e Raúl preparan as súas mochilas e emprenden unha viaxe que os conducirá desde o Xapón ata Perú e Estados Unidos así como polo Camiño de Santiago, indo ao encontro dos peregrinos. Atoparán tantas historias e motivos para camiñar como persoas e compartirán con eles vivencias e experiencias achegándoas tamén aos espectadores.
Esas historias e esas persoas son as que, pouco a pouco, lle irán revelando que as razóns para camiñar entroncan coa propia esencia viaxeira do ser humano a través da vida. Así descubrirán que, unha promesa, a necesidade de cambiar de rumbo persoal, a encomenda a un deus nunha situación extrema ou as ansias de superación, teñen o seu reflexo no gran camiño, o camiño da vida.