Sinopsis
Luís vive só e leva bastante mal a corentena. Un día, mentres está no baño, escoita unha voz que o chama desde o respiradoiro da ventilación. É Rosa, unha veciña entusiasta que lle empeza a invadir a súa intimidade cada vez que entra ao baño. Luís aguanta cada conversación con educación de veciño abnegado pero está a vivir un pesadelo. A cousa empeora cando ela lle pide un favor.