Sinopsis
Un día non recoñeces o que te arrodea; un día comezas a recibir só miradas de mágoa e compaixón; un día ti xa non es ti, aínda que non o saibas. Momentos, só pequenos momentos onde todo volve, onde espertas e lembras mais decátaste de que só molestas. Unha triste realidade agochada nunha controvertida historia de amor na que el está disposto a todo por manter viva a chama da súa relación aínda que finalmente só a axuden a ela a atopar unha nova onde nunca o pensaran. Ás veces, ata o mellor dos plans pode virarse na túa contra.