Cine Galego

SERGIO DA VEIGA

Vicerreitorado Universidade
luns, 20 de Setembro de 2021 - 20:00

Sergio vivía só na montaña. Mentres pastoreaba as súas cabras no monte, sentía o son da súa gaita abaixo, no pobo da Veiga de Logares (A Fonsagrada). Amigos e veciños fálannos de que foi un virtuoso gaiteiro e gran artista do pobo.

MONTE BRAVO

Vicerreitorado Universidade
luns, 20 de Setembro de 2021 - 20:00

Paula é unha nena que vive nunha aldea de Galicia tras a Guerra Civil. Un día, xogando co seu irmán Pablo, ve un home lobo. Pero é real ou só un produto da súa imaxinación?

CERNÍCALOS

Vicerreitorado Universidade
luns, 20 de Setembro de 2021 - 20:00

Tres nenos (dúas irmás e un irmán) discuten sobre tomar un atallo polo bosque para chegar antes á casa do colexio. Imponse o criterio dos maiores

REUNIÓN

Vicerreitorado Universidade
luns, 20 de Setembro de 2021 - 20:00

Vítor deixa a cidade e chega a un pobo onde atopou traballo. Unha antiga casa do arrabalde vaise converter no seu novo fogar de alugueiro onde o espera Cándida, a súa dona.

SOMOS CÁRCERE

Vicerreitorado Universidade
mércores, 22 de Setembro de 2021 - 20:00

Elba leva un tempo á deriva, deixándose arrastrar. Prometéranlle que a vida ía ser algo máis. Unha mañá érguese soa, espida, despois de rematar por enésima noite coa persoa equivocada.

BRÉTEMA

Vicerreitorado Universidade
mércores, 22 de Setembro de 2021 - 20:00

Tras infinitos camiños de terra, brumas e outeiros, habitan os herdeiros da filosofía de David Thoreau. Tres xeracións que sentiron a chamada cara ao salvaxe, camiñan de forma compasada na mesma dirección: volver conectar coa natureza.

CABELO

Vicerreitorado Universidade
mércores, 22 de Setembro de 2021 - 20:00

Laura descobre unha antiga caixa que contén varios recordos da súa infancia. Este achado abrirá unha porta na súa memoria cara un lugar descoñecido que a levará a comezar unha viaxe.

CANIBALISMO

Vicerreitorado Universidade
mércores, 22 de Setembro de 2021 - 20:00

Adaptación dun texto do dramaturgo galego Marcos Abalde, Canibalismo trasládanos a unha noite fría na que dous homes dan voltas no seu coche ata atoparse cun esmoleiro que dorme nun caixeiro automático abandonado.

CINERIS

Vicerreitorado Universidade
xoves, 23 de Setembro de 2021 - 20:00

Como todas as noites de fin de ano, Aurora tomará as uvas co seu irmán. Aínda que esta vez será diferente. Vicente acaba de morrer.

PAI NOSO

Vicerreitorado Universidade
xoves, 23 de Setembro de 2021 - 20:00

Unha familia en descomposición, dous personaxes atormentados, traumas da infancia e unha casa en ruínas nun rural abandonado. Unha historia baseada nun feito real, un feito violento e desesperado.

PERSOAS S.A.

Vicerreitorado Universidade
xoves, 23 de Setembro de 2021 - 20:00

O colectivo LGBTIQ, e as loitas interseccionais que representa ou pode representar, pénsase nas charlas dos cafés, nas imaxes de arquivo, na manifestación pola lei trans estatal ou no medio dunha montaña, ao longo da historia e dos continentes, me

E SE NON É COVID?

Vicerreitorado Universidade
venres, 24 de Setembro de 2021 - 20:00

Este ano pasamos por experiencias estresantes e difíciles por mor da pandemia, confinamentos e cuarentenas están a orde do día pero non todo o mundo o leva da misma maneira. Pero... e se non é covid?

NA PROCURA DA LUZ

Vicerreitorado Universidade
venres, 24 de Setembro de 2021 - 20:00

Curtametraxe documental sobre a figura de Luz Pozo Garza, poetisa galega, membro da Real Academia Galega, dos seus derradeiros anos vista polas persoas mais achegadas a ela, tanto no eido persoal coma da súa obra.

ENTROIDAR

Vicerreitorado Universidade
venres, 24 de Setembro de 2021 - 20:00

Entroidar é un documental que se asenta en tres piares fundamentais: os personaxes que fan Entroido, os lugares nos que se fai Entroido e a propia celebración do Entroido. Buscamos tombar mitos.