Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo - 2021

Main navigation

  • Ciclos
  • Publicacións
    • Catálogo
    • Xornal
  • Novas
  • Nos Medios
    • Prensa
    • Dossier de Prensa (91 Mb)
  • Multimedia
    • Fotos
    • Vídeos
  • Fonmiñá
  • Contacto

PERSOAS S.A.

  1. Inicio
  2. PERSOAS S.A.

Cine Galego

Cine Galego
Cine Galego
/ Vicerreitorado Universidade /
xoves, 23 Setembro, 2021 - 20:00
Ficha Técnica

Galicia, 2020 - 25 minutos.
Director: Carmen PG Granxeiro.
Reparto: Brais Papiri Villanueva, Daniela Fernández Pérez, Laura Bugalho, Sara Covas, Eric Dopazo, Paris Xácida Ceive, Marta Álvarez, Braulio Vilariño.

Sinopsis

O colectivo LGBTIQ, e as loitas interseccionais que representa ou pode representar, pénsase nas charlas dos cafés, nas imaxes de arquivo, na manifestación pola lei trans estatal ou no medio dunha montaña, ao longo da historia e dos continentes, mentres tomas o aperitivo ou calcetas.

Para Brais foi importante conxelar óvulos antes do tratamento hormonal, para Laura non foi fácil medrar sendo lesbiana na Arxentina dos anos oitenta, Óscar non saíu do armario ata chegar á facultade, a Chartreusse gústalle empregar pronomes non binarios e Daniela acórdase da primeira vez que preguntou por Bibiana Fernández. Jeane fala desde unha perspectiva afrodescendente, Lalo lembra o París dos anos 70 e as loitas sociais galegas vinculadas ao movemento pola liberación sexual, Mariña non esquece as mortes no Campo Grande de Valladolid e as compañeiras que participaron na organización da primeira manifestación LGBT no estado falan desde Barcelona.

Son moitas as voces non normativas e tamén cishetero que se mesturan para conformar un relato situado no cotián das nosas vidas, nun verán marcado pola pandemia.

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌