Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo - 2021

Main navigation

  • Ciclos
  • Publicacións
    • Catálogo
    • Xornal
  • Novas
  • Nos Medios
    • Prensa
    • Dossier de Prensa (91 Mb)
  • Multimedia
    • Fotos
    • Vídeos
  • Fonmiñá
  • Contacto

ENTROIDAR

  1. Inicio
  2. ENTROIDAR

Cine Galego

Cine Galego
Cine Galego
/ Vicerreitorado Universidade /
venres, 24 Setembro, 2021 - 20:00
Ficha Técnica

Galicia, 2020 - 72 minutos.
Director: Pablo Cesc Marco.

Sinopsis

Entroidar é un documental que se asenta en tres piares fundamentais: os personaxes que fan Entroido, os lugares nos que se fai Entroido e a propia celebración do Entroido. Buscamos tombar mitos. Laza é un concello con múltiples lugares nos que tamén se celebra o Entroido. O Entroido non son soamente cinco días. Comeza dende o comezo do ano no que os chocos xa comezan a ruxir pola contorna. O Entroido de Laza son os peliqueiros, pero tamén as formigas, as madamas, os maragatos... As figuras do Entroido, quen está detrás... Queremos ver como se transforman as persoas que están detrás dos personaxes que se dan no Entroido.

O documental non consistirá nunha recompilación de declaracións, senón en realizar un seguimento de diferentes referentes desta celebración, e non soamente en amosar as imaxes que xa vimos na televisión, senón en coñecer as súas vidas, que é o que significa o Entroido para elas e eles. A condución da historia correrá a cargo dun “consello de sabios” que conversarán entre si para esclarecer e narrar o acontecer dos feitos.

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌