Ir o contido principal
Concepción Arenal, 63 - Entrechan - 27004 - Lugo     ‌ info@semanadecinedelugo.com
Contacto
Inicio Inicio Semana de Cine de Lugo - 2021

Main navigation

  • Ciclos
  • Publicacións
    • Catálogo
    • Xornal
  • Novas
  • Nos Medios
    • Prensa
    • Dossier de Prensa (91 Mb)
  • Multimedia
    • Fotos
    • Vídeos
  • Fonmiñá
  • Contacto

SOMOS CÁRCERE

  1. Inicio
  2. SOMOS CÁRCERE

Cine Galego

Cine Galego
Cine Galego
/ Vicerreitorado Universidade /
mércores, 22 Setembro, 2021 - 20:00
Ficha Técnica

Galicia, 2021 - 14 minutos.
Directora: Irene Pin.
Reparto: Sara Ferro, Fernando González, Andrea Peiteado.

Sinopsis

Elba leva un tempo á deriva, deixándose arrastrar. Prometéranlle que a vida ía ser algo máis. Unha mañá érguese soa, espida, despois de rematar por enésima noite coa persoa equivocada. Cando quere marchar, descobre que Toni a deixou atada por accidente. Mentres agarda nesa  claustrofóbica soidade, coa gata Mei por única compaña, Elba terá que enfrontarse ás súas pantasmas. Porque o peor cárcere está na nosa mente.

As ruínas dunha relación son o punto de partida para explorar, desde a perspectiva feminina, as dúbidas e contradicións emocionais que supón o paso por outros afectos. Un tema urxente nesta sociedade de vínculos diluídos, que malia negociar constantemente os marcos, non reflexiona sobre as mudanzas que se están a producir.

Datos de contacto

Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá
Concepción Arenal, 63
27004 - Lugo
info@semanadecinedelugo.com
Aviso Legal · Política de cookies

  • ‌