Sinopsis
Adaptación dun texto do dramaturgo galego Marcos Abalde, Canibalismo trasládanos a unha noite fría na que dous homes dan voltas no seu coche ata atoparse cun esmoleiro que dorme nun caixeiro automático abandonado. Un thriller sobre a natureza humana, o odio sobre o descoñecido, os xuízos morais e as certezas inmorais.