Sinopsis
El vestido de novia conta, a través do duro relato dunha muller, como foi privada de liberdade durante practicamente toda a súa vida. Un monólogo simple, sincero e directo que nos fala do amor romántico, das relacións tóxicas e déixanos sobre a mesa como de dura pode chegar a ser a vida dunha muller que sofre a violencia machista. Un potente relato baseado en feitos reais que mirará aos ollos á sociedade para exporlle preguntas e facela reflexionar sen deixar a ninguén impasible.