Cine Nacionalidades

LA SOMBRA

Deputación Provincial
luns, 20 de Setembro de 2021 - 18:00

Juan e Lucía son dous sobreviventes nunha dura Córdoba post-apocalíptica. Despois de anos xuntos, ambos teñen diferentes obxectivos en mente pero durante o seu camiño atoparanse con Elena, unha nena que di buscar á súa familia.

EL PERRO

Deputación Provincial
martes, 21 de Setembro de 2021 - 18:00

Un axente comercial que pasa por dificultades económicas atropela un can perdido. A súa compañía aseguradora só se fará cargo da reparación do coche se atopa o can.

LA DESVIDA

Deputación Provincial
martes, 21 de Setembro de 2021 - 18:00

Alex e Natalia Dunn forman unha parella con moito éxito, tipicamente actual: seguidores da teoría do decrecemento, residen nun pobo da España baleira desde onde cultivaron un notable éxito mundial como autores de contos infantís.

ECOS

Deputación Provincial
mércores, 22 de Setembro de 2021 - 18:00

Ecos é unha película de amor, dun amor sincero, dun amor silente, dun amor á deriva, dun amor nacente, dun amor moribundo, dun amor sen medos. Eses seis amores coinciden nun momento e un lugar, o 22 do 02 do 2022 na illa da Palma.

NO QUIERO MÁS

Deputación Provincial
xoves, 23 de Setembro de 2021 - 18:00

No quiero más fala da crueza de deixar ir os nosos seres queridos. A curtametraxe é o retrato da familia da directora na habitación dunha residencia. Un espazo no que se forma un estancamento no tempo e no que as accións se repiten.

SCIOPHOBIA

Deputación Provincial
xoves, 23 de Setembro de 2021 - 18:00

Sciophobia conta a historia dunha muller nova que ten medo… Medo de volver á casa. Nas labirínticas rúas de Barcelona a medianoite, a angustia medra en cada recuncho onde cada sombra resulta potencialmente perigosa...

INTIMIDAD

Deputación Provincial
xoves, 23 de Setembro de 2021 - 18:00

Un home de mediana idade está de paso na cidade da súa ex-muller e decide visitala. O encontro convértese nun cúmulo de reproches por parte dela, que el encaixa con aparente cinismo pero que desvela finalmente os seus sentimentos de culpa.

EL PASEO

Deputación Provincial
xoves, 23 de Setembro de 2021 - 18:00

Navarra (España), ano 1937. Dous homes camiñan polo monte un tras do outro. O que vai detrás apunta ao primeiro cun fusil: lévao a dar un "paseo", algo habitual naqueles tempos nos que tantos presos políticos foron sentenciados desta forma.

OJALÁ MAÑANA

Deputación Provincial
venres, 24 de Setembro de 2021 - 18:00

Olaia vive coa súa parella Sebas e a filla de ambos, Lola de 7 anos, na portería do barrio de Chamberí de Madrid onde Sebas é o conserxe do edificio. Olaia limpa nunha farmacia para gañar a vida.