Sinopsis
Ana é unha nena de 15 anos que non se sinte querida polos seus pais. Tras non gañar o primeiro premio no concurso de debuxo de animais organizado polo seu profesor de plástica, o seu indignado pai, avogado de profesión, demandará o centro escolar acusándoo de fraude no veredicto.
Os pais acudirán ao colexio para pedir explicacións esixindo unha revisión dos premios en favor da súa filla Ana, propoñendo que lle sexa entregado o galardón en presenza de todo o alumnado nun acto especial no auditorio do colexio.