Sinopsis
Alex e Natalia Dunn forman unha parella con moito éxito, tipicamente actual: seguidores da teoría do decrecemento, residen nun pobo da España baleira desde onde cultivaron un notable éxito mundial como autores de contos infantís. Pero todo se afunde para eles cando perden a Jonah, o seu único fillo, a piques de cumprir os dez anos. Cinco semanas despois da fatídica tarde na que o estado do neno se agravou e saíron de casa co posto, regresan por primeira vez ao que foi o seu fogar, con propósitos distintos:
Natalia, empaquetar o básico e seguir adiante pola súa conta; Alex, convencela para que reconsidere esa decisión. O achado dunha mensaxe de Jonah, que os convida a embarcarse nun xogo de pistas, trastorna os seus plans e pon a proba os seus nervios. O que segue é un descenso aos infernos duns pais na súa loita desesperada, irracional, por arrebatar ao seu fillo das garras da morte.