Sinopsis
A musicóloga suíza Dorothé Schubarth chegou a Galicia a finais dos 70 buscando os cantos antigos que xa desapareceran no centro de Europa. Desta procura saíron as 300 horas de gravacións que forman o Cancioneiro Popular Galego, unha das maiores recompilacións de música tradicional da Península Ibérica.
Corenta anos despois, dous mozos inician unha viaxe tras os pasos de Schubarth para atopar as voces que ela recolleu e descubrir as súas historias de vida. É un traxecto no que conviven a alegría de volver cantar e a frustración de chegar tarde para coñecer un mundo que desaparece.